sábado. 23.08.2025
El tiempo

Pesar pola misteriosa morte de dous cans nunha aldea bergantiñá

Petra y Bob cans de Vilar de Suso
Pesar pola misteriosa morte de dous cans nunha aldea bergantiñá

Petra, de 14 anos, e o seu fillo Bob, de 11, faleceron en estrañas circunstancias ás portas do seu fogar. A desconcertante morte sumiu na dor a unha familia da zona de Vilar de Suso en Carballo, tras achar sen vida aos seus dous cans.

Os feitos iniciáronse o pasado luns, cando Petra, unha querida cadeliña de 14 anos de idade, foi atopada morta sen signos de violencia aparentes a escasos tres metros da porta da súa vivenda.

A situación agravouse o xoves, no mesmo horario e lugar. Bob, fillo de Perla de apenas 11 anos de idade, xacía sen vida moi preto do lugar onde fora achada a súa nai Petra. Pero desta volta o animal presentaba unha ferida incisiva na súa coxa traseira esquerda, da cal, segundo relatou o seu dono, aínda brotaba sangue no momento do descubrimento do cadáver. Os afectados donos, que preferiron manter a súa identidade en reserva, atópanse desolados e sen respostas. "É traumático. Petra era parte da nosa familia dende hai 14 anos, e Bob era o seu alegre fillo. Non entendemos que puido suceder. Non hai pistas nin indicios. Saír da casa e atoparte con isto é un pesadelo do que non podemos espertar", expresou un familiar.

A veciñanza pregúntase que puido pasar e piden colaboración veciñal para esclarecer o suceso. 

Comentarios