Piden sancións para os donos que non recollan os excrementos dos seus cans en Carballo

Dous son os Rogos que vai presentar a portavoz do Grupo Municipal Socialista de Carballo, María Carmen Vila Blanco, no vindeiro pleno carballés.
A primeira é relativa á seguridade vial, e trasladando a preocupación pola existencia de vehículos que exceden as velocidades máximas permitidas na contorna da praia de Razo, moi especialmente na recta de acceso proveniente do lugar de Arnados. Vila Blanco lembra que é unha zona que quintuplica a súa poboación en temporadas altas, e pide que se tomen medidas específicas e urxentes para garantir a seguridade dos viandantes (como poden ser os reductores de velocidade, os pasos de peóns elevados e as bandas transversais de alerta).

Ademais, a voceira da oposición volve traer á colación o asunto dos excrementos caninos nas rúas. Vila Blanco lembra que o PSdeG - PSOE presentou unha Moción con rexistro de entrada no 13072, solicitando a posta en marcha dun plan de concienciación cidadá, apoiada polo PP, pero que non se aprobou pola abstención de TEGA e a oposición do BNG, que argumentaba que “que xa había moito feito neste concello por esta materia”.
En todo caso, dende o PSOE conseideran que un ano e medio despois, “vemos que o problema agravouse e que seguen sen tomarse medidas tanxibles máis aló das dispostas en papel”. Por iso pide que se “ordene á Policía Local que emprenda unha campaña de control e sanción desta conduta incívica. Solicitar que axentes de paisano velen polo respecto á normativa, desprazándose polos distintos sitios e ao que a incumpra se lle apliquen as sancións dispostas na Lei de Protección de Animais Domésticos e en Cautividade de Galicia”. Pide así multas de 150€, chegando a ser de 5.000€ no caso de reincidentes.
Novas relacionadas
Fonte
- PSOE de Carballo.