venres. 04.07.2025
El tiempo

O polígono industrial de Bértoa contará con dúas paradas de autobús

O polígono industrial de Bértoa contará con dúas paradas de autobús

Nun periodo de tempo relativamente breve, o polígono industrial de Bértoa contará con dúas paradas de autobús en sete servizos de ida e volta que conectan Carballo e A Coruña. Así o avanzou o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Planificación, Juan Seoane, na xuntanza qeu mantiveron onte con representantes do Polígono de Carballo para trasladarlles a información relativa á comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano, celebrada o martes en Santiago de Compostela, na que se abordaron as peticións presentadas polos 17 concellos da área metropolitana da Coruña.

Os representantes do empresariado cualificaron a posta en marcha deste servizo como “unha moi boa nova”, á espera de que se establezan por parte da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia os horarios deses servizos, que deberían axustarse ás necesidades da actividade laboral no polígono.

O Concello de Carballo tamén presentou na comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano, un aumento das conexións coas praias. E segundo informan dende a Xunta, non está prevista ningunha mellora para este verán.

Evencio Ferrero e Juan Seoane aproveitaron o encontro para abordar outras cuestións
relativas ao polígono, como a nova licitación da báscula, a ordenación do tráfico
pesado ou as necesidades de solo industrial.

Comentarios