Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Pontón pon a Calvo como exemplo de empresa do sector mar-industria que debe optar aos fondos Next Generation

FOTO ANAPONTON E LUCIANO CALVO PTE GRUPO copia
Ana Pontón con Chano Calvo, presidente do Grupo Calvo
Pontón pon a Calvo como exemplo de empresa do sector mar-industria que debe optar aos fondos Next Generation

Ata a fábrica de Calvo en Carballo desprazouse Ana Pontón. A voceira nacional do BNG quixo visitar unha das multinacionais máis importantes do sector da conserva, para destacar a capacidade do complexo mar-industria como xerador de emprego e riqueza. A idea é amosar que o sector mar-industria debe ser considerado estratéxico pola Xunta á hora de participar nos fondos europeos de recuperación Next Generation. Eses fondos que este ano destinados a proxectos de grandes empresas.

Pontón definiu o Grupo Calvo como “un exemplo da importancia de ter industria para xerar riqueza e emprego e ese é o destino que deben ter os fondos europeos de recuperación”, lembrando os 600 millóns de euros de facturación que tivo en 2020.

A voceira, guiada por Chano Calvo na visita e o alcalde carballés Evencio Ferreiro, expresou o “orgullo” do BNG ante unha empresa galega “de proxección mundial que é sinónimo de calidade, innovación e de compromiso ambiental e social, un emblema de Galiza”.

FOTO ANAPONTON VISITA GRUPO CALVO 2 copia

Novas relacionadas

Comentarios