Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Praia dos Libros abríu as súas portas

Razo Carballo praia_dos_libros
Razo Carballo praia_dos_libros
A Praia dos Libros abríu as súas portas

Canto máis coñeces Razo-Baldaio, máis o queres e máis o coidas. E máis sendo a a praia dos libros, unha iniciativa que segue medrando, coa instalación dun punto de información turística, que tamén serve de Biblioteca itinerante.

Onte abría as portas a biblioteca coas mellores vistas do mundo, ao carón do posto principal de salvamento. A bibliopraia estará aberta de luns a venres, de 13:30 a 17:30 no mes de xullo e de 13:30 a 16:30 no de agosto, e funcionará o mesmo sistema que as bibliotecas da vila. Para utilizala deberás amosar o teu carné da biblioteca, co que poderás acceder ao préstamo de material durante sete días. Se non tes carné dámosche dúas opcións: ou ben facelo na propia bibliopraia (só precisarás o DNI) ou ben recorrer ao servizo de bookcrossing, de uso libre.

Razo praia_dos_libros

A campaña inclúe unha campaña de promoción da lectura que estamos a desenvolver do 1 ao 15 de xullo en colaboración coas librarías locais Brañas Verdes, Clarión, Ler, Teldy e Trasgo. Así, durante esta fin de semana compras de libros terán un 10% de desconto.

Novas relacionadas

Comentarios