Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Volven as Noites de Cine a Carballo

noites_de_cine_Carballo-2021
Volven as Noites de Cine a Carballo

A praia de Razo, a Rúa Jacinto Amigo ou a Pedra do Sal serán as localizacións da nova edición das Noites de Cine de Carballo. As proxeccións serán acceso libre e de balde ata completar aforo:

  • 9 de xullo, venres: A GALIÑA TURULECA, na Rúa Jacinto Amigo/ 22.00 h. (79 minutos/Todos os públicos). Película premiada con Premio Goya 2020 á Mellor película de animación.
  • 15 de xullo, xoves: A ILLA DAS MENTIRAS, na Praia de Razo/ 22.00h (93 minutos/Maiores de 12 anos). Película galega con varios galardóns dos Mestre Mateo.
  • 12 de agosto, xoves: SPIDER-MAN: Lonxe do caso, na Pedra do Sal-Baldaio/ 22.00h (130 minutos/ Maiores de 7 anos).
  • 19 de agosto, xoves: ONS, na Rúa Jacinto Amigo/ 22.00 h (87 minutos/Maiores de 12 anos). Película galega premiada co Premio Mestre Mateo 2021 á Mellor película.

Comentarios