Martes. 16.04.2024
El tiempo

Razo, a praia dos libros

Cartel Lectura na Praia
A deportistua Elena Vázquez mergúllase nun mar de libros
Razo, a praia dos libros

Moito nos prestan as campañas de promoción da lectura do Concello de Carballo. Desta volta, como non se pode celebrar a Praza dos Libros, o Concello reconduce o evento cultural á area de Razp-Baldaio, integrando ás librarías do Concello nunha campaña singular.

Brañas Verdes, Clarión, Ler, Teldy e Trasgo forman así parte da nova campaña que se levará a cabo entre o 1 e o 15 de xullo. En todas elas recibirante cun 5% de desconto nos libros que merques, agás os de texto, e os días 9, 10 e 11 ese desconto incrementarase ata o 10%. E non só iso, porque ademais, por cada compra igual ou superior a 15 euros que realices entre o 1 e o 15 de xullo en calquera das cinco librarías adheridas, recibirás un rasca co que poderás gañar outros vales desconto de 15 euros para seguir mercando libros no mesmo establecemento.

Comentarios