Martes. 10.09.2024
El tiempo

A Praia dos Libros volve encher de cultura a praia de Razo

  • Carballo presentou o único caderno de pasamentos en galego: A píllara das dunas
Praia dos Libros en Razo
A Praia dos Libros empezou a funcionar este luns, e ata alí achegáronse o alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Aquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret, e a técnica de Normalización Lingüística, Carmen Pereiro
A Praia dos Libros volve encher de cultura a praia de Razo

Xa está aberta a biblioteca coas mellores vistas do mundo. A biblio móbil da praia de Razo está aberta por terceiro ano consecutivo, ampliando a xa rica oferta dunha das praias máis vivas da comarca. 

Un programa que marida á perfección co está programa de actividades medioambientais Eu quero Razo-Baldaio, impulsado pola Concellaría de Medio Ambiente, Praias e Servizos.

O único caderno de pasamentos en galego

A biblio conta ademais cun un novo número do caderno de pasatempos A píllara das dunas, elaborado pola Asociación Socio- Pedagóxica Galega (AS-PG) e editado polo Concello de Carballo.
Ángeles Pacoret lembrou que A píllara das dunas é “o único caderno de pasatempos en lingua galega que se oferta desde a administración local en lingua”, pero engadiu outra singularidade da revista, xa que se suma á celebración do Ano do Xestal “aproveitando que, no seu momento, compartiron o mesmo espazo vital. 

O caderno de pasatempos estará a disposición de todas as persoas que se acheguen ás nosas praias este verán. Poderán recollelo, de balde, na caseta da Praia dos Libros ou nos postos de salvamento de Razo, Baldaio-Saíñas e Pedra do Sal.

Actividades na beira do mar

Ángeles Pacoret explicou que o funcionamento da bibliopraia non varía con respecto ao ano pasado. Conta cunha sección de préstamo, na que se require o carné da Rede de Bibliotecas de Galicia, e outra de bookcrossing, polo tanto de uso libre. Tampouco varían os horarios, que serán de 13.30 a 17.30 no mes de xullo e de 13.30 a 16.30 no de agosto.
Pero A Praia dos Libros non chega soa, senón que ao longo do verán tamén se desenvolverán na beira do mar outras actividades culturais e medioambientais:

  • Mércores 12 de xullo, ás 22.30 horas, Take every wave: la vida de Laird Hamilton (documental de surf), en Razo.
  •  Xoves 27 de xullo, A volta a Galicia en 313 concellos, co Mago Antón, en Razo. Sesións ás 13.00, 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas (máximo 70 persoas por sesión). Reservas a partir do 17 de xullo na bibliopraia ou na Biblioteca Rego da Balsa.
  • Mércores 9 de agosto, ás 22.00 horas, proxección da película "Dios mío, ¿pero qué nos has hecho?" na Pedra do Sal (Lema)
  •  Xoves 24 de agosto, ás 13.00 horas, C@nto conto, con Paco Nogueiras, en Razo.

 

Comentarios