Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Prazas dispoñibles para os Cursos gratuitos de Sistemas Informáticos e Delineante en Carballo

Curso Sistemas Microinformáticos Anteva Carballo
Prazas dispoñibles para os Cursos gratuitos de Sistemas Informáticos e Delineante en Carballo

Son moitas as posibilidades formativas na comarca, sobre todo para desempregados pero tamén para traballadores en xeral. Desta volta é Anteva Servizos Informáticos a que oferta dous interesantes cursos, que comezarán proximamemnte e que teñen moitas saída laboral. Cursos totalmente de balde que ademais teñen posibilidade de axudas dependendo da situación persoal.

O primeiro é de Sistemas Microinformáticos, con horario de tarde. Un curso co que podes aspirar a ser instalador e reparador de equipos informáticos, técnico de soporte informático, técnico en redes de datos, técnico microinformático, reparador de periféricos de sistemas microinformáticos, comercial de microinformática, operador de tele-asistencia, operador de sistemas…

O segundo é de Representación de Proxectos de Edificación, o que historicamente se coñeceu como Delineante. Será en horario de mañá e serve para o traballo de construción ou instalación.

Poden informarse en Anteva (Rúa VCila de Noia, 70-72), no 881 983 448 ou en administració[email protected].

Curso Proxectos edificación Anteva Carballo

Comentarios