Preto de 300 persoas maiores de 45 anos contactaron con 30 empresas na Feira de Emprego

Gran acollida tivo a III Feira de Emprego 45+, organizada este martes pola Cámara de Comercio. Preto de 300 persoas de entre 45 e 65 anos achegáronse ao Fórum Carballo para manter manter encontros directos con preto de 30 empresas que teñen procesos de selección abertos e necesidades reais de contratación.
Os/as participantes terán a oportunidade de realizar entrevistas directas con empresas que buscan talento maduro e experimentado, recibir orientación personalizada na Caseta de Orientación para optimizar o seu perfil profesional e mellorar a súa estratexia de procura, ou participar en talleres deseñados para actualizar as súas habilidades, aprender sobre novas tendencias e mellorar a súa empregabilidade no mercado actual.
Entre esas empresas figuran Areté, El Corte Inglés, Carrefour, Eulen, Alumán, Atlante, Horta Coslada, Ocaso, Mercedes Benz Louzao, Samaín, Santa Lucía, Malasa, Gestán ou a carballesa Nauterra.

A vicepresidenta da Cámara de A Coruña, Luz Pardo, destacou que “ser sénior implica que hai detrás unha longa traxectoria laboral. Falamos de profesionais con ampla experiencia profesional, con alto coñecemento sobre a súa profesión e cunha gran cultura do esforzo que marcan de maneira determinante a súa disciplina á hora de enfrontarse aos novos desafíos. Todo iso, conforma un profesional máis eficaz e máis eficiente, que executa o seu traballo dun modo máis autónomo e independente”.