Xoves. 20.01.2022
El tiempo

O Punto Limpo Móbil de Carballo xa recolle unhas 80.000 toneladas de residuos ao ano

Carballo punto_limpo_mobil
No acto participaron a concelleira do PP Beatriz Neira; o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas; o alcalde, Evencio Ferrer; o delegado da Xunta Gonzalo Trenor; a xefa territorial de Medio Ambiente, Cristina Carrión; e o concelleiros do PP Toni Domínguez.
O Punto Limpo Móbil de Carballo xa recolle unhas 80.000 toneladas de residuos ao ano

Dende febreiro está operativo o novo camión do punto móbil de Carballo. Quixo o Delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, achegarse ata a vila para comprobar o funcionamento do mesmo, adquirido gracias a unha subvención de 63.000€ do programa Feder-Galicia, e asinar así o documento que completa a tramitación administrativa.

Segundo as estimacións realizadas, o punto limpo móbil podería recoller unhas 80.000 toneladas de residuos. De feito, o Punto Limpo de Carballo, situado no polígono industrial de Bértoa, xestiona cada ano máis de 100.000 quilos de residuos e milleiros de electrodomésticos e outros obxectos voluminosos de todo tipo procedentes dos fogares carballeses.

Como usar

Para desfacerse de todos eses materiais que non se poden meter nos contedores, a veciñanza pode achegarse directamente ao punto limpo de Bértoa (os xoves e os sábados, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas); pero tamén pode utilizar o punto limpo móbil, que consiste na recollida dos residuos voluminosos nas illas de colectores previo aviso ao número de teléfono 981 754 917. É importante chamar antes das 14.00 horas do martes, xa que a recollida realízase todos os mércores de 07:00 a 13:40 horas.

comentarios