Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A rapazada de Carballo sae este domingo á rúa coas bicis e patinetes

Actividades rua carballo
A rapazada de Carballo sae este domingo á rúa coas bicis e patinetes

A Concellaría de Mobilidade quere propiciar o uso lúdico, e tamén cívico, do espazo público entre a cidadanía, e faino con actividades para toda a familia. Para iso pecharanse ao tráfico varias rúas na contorna da Praza do Concello. En concreto, o sábado, a partir das 16.00 horas, e o domingo, de 10.00 a 20.00 horas, estará limitada a circulación de vehículos polas rúas Valle-Inclán, Concepción Arenal e Cervantes. Só se permitirá o paso dos usuarios dos garaxes, e, en concreto, o acceso ao situado na rúa Valle-Inclán realizarase pola rúa Concepción Arenal.

O peche das rúas vai acompañado dun convite ás familias para que animen aos nenos e nenas a converterse en protagonistas das rúas cos seus patíns, monopatíns, bicicletas, balóns, buxainas... e todo tipo de xoguetes. 

Para o sábado pola tarde, a partir das 18.00 horas, hai programada ademais unha acción de rúa sobre os excrementos dos cans. Dino, un can de globos biodegradables de 2 metros de altura,  paseará polas rúas para concienciar de que "non queremos minas".

E o domingo, coa colaboración do Club Ciclista Carballo, patinetes, nicos e xogos de habilidade encherán as rúas Valle-Inclán, Cervantes e Concepción Arenal,

Comentarios