mércores. 30.04.2025
El tiempo

A rapazada de Sofán decora o seu colexio con pintura ecolóxica

Taller de graffiti no CEIP Sofan
A rapazada de Sofán decora o seu colexio con pintura ecolóxica

Innovadora e divertida iniciativa a que gozaron onte os rapaces e rapazas do CEIP Gándara-Sofán. O proxecto «Plantando árbores con pinceis» da Obra Social ABANCA chegaba ao centro carballés baixo a tutela da artista local Rachele Cavallo, de Vella Escola, para implicar a rapazada na concienciación sobre a importancia do coidado ambiental.

Durante a mañá, os escolares decoraron bolsas de tea con pinturas ecolóxicas, fotovoltaicas, aprendendo que o uso deste tipo de pigmentos é útil dado o seu poder de absorción dos gases contaminantes derivados do tráfico e das industrias, fomentando a creación de espazos escolares ecoloxicamente máis depurados grazas á implicación das mozas e mozos do centro. 

Despois tocou facer o mural, con estas pinturas e con temáticas relacionadas coa reforestación.

Bolsas de tea ecoloxicas ceip sofan

Taller de graffiti no CEIP Sofan 2

Rachele Cavallo coas crianzas do CEIP Gandara Sofan

Comentarios