Reaberto o paso peonil da rúa Sol en Carballo

Quedou aberto esta mañá o paso para peóns na ponte da rúa Sol, no marco das obras que Augas de Galicia está a realizar en Carballo para
paliar os asolagamentos na contorna do río Anllóns. O director de Augas anunciou ademais que nas vindeiras semanas -antes de que remate o mes- se fará o mesmo co tráfico rodado.
A previsión é que as obras estean rematados antes de que conclúa o ano. Neles inclúese o derrubamento dun edificio existente na contorna, a remodelación da ponte e a creación dunha canle de augas altas na propia rúa.
Con todo, o conxunto das obras -que se prolongarán ata 2025- farán que esta zona urbana estea máis preparada e segura ante episodios meteorolóxicos adversos e posibles asolagamentos.
A día de hoxe dúas das cinco actuacións previstas do Plan contra as Inundacións xa están rematadas, como son a realización dun by-pass na zona de Muíño do Quinto e a remodelación integral do parque de San Martiño. Mentres, estase a avanzar na tramitación e execución das obras na rúa Sol -xa moi avanzadas-, na rúa Fomento e na mellora hidráulica do río ao seu paso polo enlace entre as estradas AG-55 e a AC-552.