Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A reciclaxe de roupa usada en Carballo incrementouse un 35,5% en cinco anos

Punto de recollida de roupa usada de Humana na Avenida Bergantinos de Carballo
Punto de recollida de roupa usada de Humana na Avenida Bergantinos de Carballo
A reciclaxe de roupa usada en Carballo incrementouse un 35,5% en cinco anos

Segue medrando o uso dos contedores de textil usado na comarca. A veciñanza ímonos acostumando a darlle unha segunda posibilidade a esa roupa que xa non usamos pero que pode servir para outras familias con menos recursos, e así o ratifican as cifras da ONG Humana, xestora de 34 contedores en Carballo de recollida de roupa usada. O seu uso incrementouse un 35,5% en cinco anos Un 12,2% con respecto ao ano anterior), sendo nada menos que 185.000 as prendas de roupa depositadas o ano pasado.

185.000 prendas, que equivalen a 82.297 quilos, o que permite a redución das emisións de CO2 en 260 toneladas.

Esta experiencia piloto segue a ter como finalidade acadar os obxectivos do 55% de reciclaxe de residuos establecidos pola UE para o ano 2025.

Carballo conta cun contedor por cada 900 habitantes, mentres que a media española é de un por cada 5.000. “Queremos certificar que unha contenerización correctamente dimensionada é clave para recuperar unha maior cantidade de téxtil e cumprir os obxectivos da Unión Europea en materia de residuos”, explica o responsable de Humana en Galicia, Ricardo Rodríguez, que quixo agradecer “a solidariedade e a confianza dos veciños e veciñas do concello”

Nos contedores de Humana podemos depositar roupa, calzado, complementos e téxtil de fogar que non usamos e que deste xeito poden ter unha segunda vida, ademais de contribuír ao desenvolvemento de proxectos sociais. Ademais, o servizo é gratuíto e representa un aforro importante na xestión dos residuos sólidos urbanos.
 

Novas relacionadas

 

Comentarios