Os Reis Magos carballeses non sucumben nin ante a saraiba
A pesar das inclemencias do tempo, de sufrir ata varias saraibadas, a Cabalgata de Carballo volveu percorrer as rúas da cidade entre o Hyper e a Praza do Concello. Alí celebrouse unha festiva recepción con

Regalos nas Biblios
Ademais, os Reis Magos non quixeron marchar de Carballo sen deixar un agasallo para os usuarios e usuarias das bibliotecas. A partir de agora, ademais de gozar do pracer da lectura cos milleiros de libros que enchen os estantes, tamén poderán levar en préstamo catro dispositivos de lectura electrónica!
E, ademais de todo iso, estes catro dispositivos permitirán aos nosos usuarios e usuarias acceder aos libros en dixital a través de varias plataformas, entre elas Galiciale, da Rede de Bibliotecas de Galicia, ou Ebibliodacoruna, da Deputación da Coruña.
