Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Renovarán as paradas de autobús de Carballo, Malpica e Ponteceso

Marquesinas de Gerca en Vimianzo
Marquesinas de Gerca instaladas o pasado ano en Vimianzo
Renovarán as paradas de autobús de Carballo, Malpica e Ponteceso

O Diario Oficial de Galicia publica o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de mellora de 66 paradas de autobús en 7 concellos da Coruña. Entre elas 9 paradas de Carballo, 1 de Malpica e 2 de Ponteceso.

As intervencións previstas suporán o acondicionamento dos carrís para a parada do autobús, a mellora da accesibilidade e a pavimentación da contorna coa execución de sendas ou beirarrúas. Tamén se prevé a instalación de novas marquesiñas, ademais de actuacións complementarias de drenaxe.

Comentarios