Rescatan unha persoa que sufría un accidente laboral ao caer do andamio en Carballo
07:10 11/07/18
Pasadas as 18:30 da tarde de onte, martes 10 de xullo, un home caía dun andamio mentres traballaba na Rúa Eduardo Pondal, en Carballo. O home resultaba ferido, a uns 20 metros de altura. Ao lugar se desprazaron os Bombeiros de Carballo, que se achegaban ata a altura onde se atopaba o ferido coa axuda do vehículo en altura AEA-01, o inmobilizaban na camilla para descendelo e que os sanitarios o puidesen evaluar e trasladar.