O Rexenera Fest volve aproveitar a arte urbana para loitar contra o feísmo
Arrinca a nova edición do Rexenera Fest. O festival de arte urbana que está cambiando a faciana de Carballo volve propoñer unha nova edición na que 5 artistas convertirán nun lenzo 5 grandes e feos muros.
Así, xentes como a carballesa Isa Bermúdez (@isa__bermudez), que vén de ser escollida como autora do cartel do San Xoán, Ona Salvador (@onasalvador), desde Baleares, Lonac (@lonacpot), desde Croacia, Raquel Coba (@raaquell_coba), desde Madrid e Taxis (@dimitris_trimintzios), desde Grecia, deixarán a súa pegada no museo a ceo aberto no que se ten convertido a caótica capital bergantiñá.
Do 28 de maio ao 7 de xuño, ademais de poder gozar de ver como fan os seus graffitis en grandes guindastres em directo, haberá unha marea de actividades paralelas, como unha Masterclass de esgrafiado con @carrotcarola ou unha Masterclass de tintas vexetais con @materiabotanica_; unha Rutas guiadas con @turismocarballo, e mesmo un Xogo de pistas para familias e unha Sesión vermú con @saibranyiyi.
Podedes inscrivirvos na web.
Así foi o 2025: