O Rexenera Fest xa engalana as paredes de Carballo

Xa está en marcha a nova edición do Rexenera Fest. Esa singular e pioneira aposta municipal pola arte urbana traendo os mellores muralistas de Europa ata Carballo para que convirtan un dos grandes exemplos do feísmo galego nun auténtico museo aberto.
Os Daan Botlek (Países Baixos), Udatxo (Euskadi), Alba F. Sacristán (Barcelona), Marija Tiurina (Lituania) e Twee Muizen (Países Baixos), xa están a pleno rendemento nos seus guindastres para crear as súas obras de arte.
Visitas guiadas
Podedes ir pasando polo mapa para ver a evolución dos murais, ou podedes tamén ir velo coas visitas guiadas que organiza o Concello carballés. Ata o 13 de xuño, todas as mañás ás 11:00h e todas as tardes ás 20:00h, con saída desde o Museo de Bergantiños, nos explican a historia de cada mural e de onde veñen estas novas creacións. (Cómpre inscribirse en rutas@rexenerafest.gal ou a través do teléfono 981 702 077; e tamén está aberto aos centros de ensino).
Ademais, outra proposta para disfrutar do festival con toda a familia son os xogos de pistas. Dende o Museo nos darán unha carta cun mapa e teremos que ir completando cada proba para superar a proba e ir disfrutando dos murais carballeses.
Atracón de fin de semana
E non esquezan que a fin de semana haberá troula. O sábado 11, de 13:00h a 16:00h hai sesión vermú diante da Ludoteca (na Rúa Coruña, nº2), coa divertida banda galega Familia Caamagno. A partir das 14:30 h toca seguir bailando coa sesión de Dj Mil, coa súa selección de ‘hits’ que van dende o Funk dos 70 ata os temas máis urbanos.
A gran festa de peche será o propio sábado ás 00:00h con DJ Mil.
Artigos relacionados
- Xarda: Profesionalizando o muralismo.
Novas do Rexenera
- 2022: O RexeneraFest volve traer o antídoto contra o feísmo.
- Agosto 21: 4 novas obras de arte e moitas experiencias tras unha nova edición do Derrubando Muros con Pintura.
- Agosto 21: A veciñanza valora a aposta do Derrubando Muros polos novos talentos carballeses.
- Xuño 2021: “O Rexenera Fest fai Carballo máis camiñable e agradable de pasear”.
- Maio 21: O Rexenera Fest, a mellor vacina contra o feísmo.
- Rexenera 20: Xosé Regueira, sobre o Rexenera Fest: "Necesitabamos osixenar a mente e a cultura é a mellor maneira de facelo”.
- Rexenera 2019: Así son os novos murais que enchen a Carballo de máis cor.
- 2019: A arte urbana segue reinventando a Carballo.
- Rexenera 2018: Carballo suma cinco novas obras de arte á súa galería ao aire libre.
- Rexenera 2017: O Rexenera Fest enche de cor as fachadas de Carballo
- Rexenera 2017: Carballo convírtese no referente en arte urbana co Rexenera Fest
- Rexenera 2016: Carballo convírtese no referente en arte urbana co Rexenera Fest.
- Rexenera 2015: Carballo, de exemplo de feismo urbanístico a gran museo ao aire libre.
- 2014: A documental que derruba muros con pintura .
- 2013: Pintando muros para derribar barreiras.