xoves. 30.10.2025
El tiempo

Por Samaín, volven as cabazas aos xardíns de Carballo

cabazas samain carballo
Por Samaín, volven as cabazas aos xardíns de Carballo

Os xardíns da rúa Eduardo Pondal, rúa Campo da Feira, Parque do Anllóns, Parque do Chorís, o exterior do CEIP Nétoma-Razo e a praza de Sofán, reciben xa as cabazas do Samaín. Fano nunha nova campaña Presume de xardíns, na que o Concello coa colaboración do centro especial de emprego Dixardín co obxectivo de fomentar o coidado e o respecto polas zonas verdes e os espazos públicos. Unha desas iniciativas que tanto gusta na iniciativa Vilas en Flor, que celebrará a súa gala de entrega anual o vindeiro día 14 precisamente na capital de Bergantiños.

Ademais da colocación das cabazas, nesta época os protagonistas dos xardíns municipais son os crisantemos, polo que poderedes ver numerosos exemplares de Chrysanthemum indicum en diferentes cores. 

Así, as nenos e nenas da vila están invitadas a participar na decoración dos xardíns con cabazas decoradas para implicalos no coidado das zonas verdes, tanto dende unha perspectiva medioambiental como dende a promoción dunha conciencia cívica cara os bens comunitarios, e fomentando ademais a creatividade infantil.

Invitan ademais a compartir as fotos das vosas cabazas e publicarémolas nas redes sociais do Concello de Carballo. Podedes envialas por Whatsapp, xunto cos vosos datos, ao 604 072 887.

 

Comentarios