Martes. 19.03.2024
El tiempo

O sector da beleza reivindica a súa función social

perrucarias en Carballo
O sector da beleza reivindica a súa función social

Xa vimos hai pouco que o sector da beleza é un dos negocios que máis crecemento xera en Carballo. De aí a importancia da súa estabilización para o emprego na vila. Nese sentido, dúas representantes do sector, Irina Salgado, coordinadora en Galicia da Plataforma Peluqueros Unidos de España, e Asunción Catoira, presidenta da Asociación Estilistas Coruñeses ECIPA, achegáronse ao Concello para manter unha reunión co alcalde, Evencio Ferrero, e co concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira.

As profesionais consideran necesario ter unha unha maior visibilización como sector que tamén presta “unha importante función social, pois, ademais da estética, atenden as necesidades de moitas persoas dependentes ou de avanzada idade para as cales o lavado do cabelo e o peiteado é unha cuestión de hixiene”.

Unha das demandas é a rebaixa do IVE do 21% ao 10%, como xa presentou o BNG no congreso dos Deputados.

Axudas do PEL

A nivel local, precisamente onte a Xunta de Goberno aprobou a concesión definitiva de axudas PEL Reactiva por un importe total de 550.578,18 euros. Entre as empresas beneficiadas figuran varios salóns de peiteado e beleza, que percibirán axudas directas de entre 1.500 e 3.000 euros. O sector presentou no noso concello un total de 61 solicitudes, das que 42 foron concedidas, 11 quedaron fóra porque se esgotou a partida, 2 renunciaron e 6 foron denegadas por incumprir as bases da convocatoria.

Novas relacionadas

Comentarios