Senda Nova desfruta dun inverno ancestral
07:07 29/12/15
Os asistentes desfrutaron cos distintos xogos tradicionais
A asociación ecoloxista Senda Nova continúa co seu programa de "Inverno Ancestral" co que promove a diversión, a socialización e o respecto polo medio. O pasado domingo un bo grupo de nenos e maiores desfrutaron dunha agradable xornada. O voluntariado do Senda Nova encargouse de organizar diversos xogos tradicionais que se desenvolveron na rúa Colombia de Carballo..
Carreiras de sacos, xogos de canicas, recollida de carozos, tiro de boina, zancos e ata carreira de cintas ao lombo e en carretilla foron algunhas das actividades coas que pasaron un bo anaco da tarde dominical.
A actividade da organización continúa hoxe no local social das Pozacas, en Cerqueda. Onde os veciños e as veciñas teñen unha cita coas "Historias de inverno".
Apalpador
Ao mesmo tempo, Senda Nova continúa coa preparación da visita do Apalpador que chegará o vindeiro domingo, 3 de xaneiro, ás 17 horas no local social da asociación de veciños O Santiaguiño de Carreira, en Zas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Senda Nova