Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O servizo de limpeza de Carballo recolle ata 500 "mascarillas" usadas ao día

O bidón transparente colocouse onte na rúa A Coruña. concello de carballo
Un bidón transparente con todas as máscaras e luvas recollidas colocouse onte na rúa Coruña.
O servizo de limpeza de Carballo recolle ata 500 "mascarillas" usadas ao día

O servizo de limpeza viaria de Carballo está a recoller cada día unha media de 500 máscaras, ademáis de unha cantidade maior de luvas. Segundo indican os traballadores de Aspaber-UTE, trátase dunha cantidade "incontable". En tan só unha semana de recollida selectiva deste tipo de residuos conseguiron encher un colector. Dende o Concello de Carballo aseguran que isto "é unha barbaridade" e que é unha problemática que queren atallar e por iso, principalmente, apelan á responsabilidade veciñal.

Co fin de visibilizar a magnitude deste problema e tentar conciencia á poboación, o Concello colocou un bidón transparente na rúa Coruña con todas as máscaras e luvas recollidas en menos de dúas xornadas de traballo. Trátase dunha iniciativa simbólica coa que tratan de chamar a atención sobre dous aspectos básicos, por un lado sanitario e, por outro, a lipeza e hixiene das rúas de Carballo. "Debemos concienciar á poboación sobre o uso de papeleiras e contedores, porque ademais é un lixo que supón un risco potencial de infección", afirma Luis Lamas, concelleiro de Servizos.

Neste sentido, o alcalde, Evencio Ferrero,destacou a importancia da situación na que estamos e ser responsables á hora de xestionar calquera tipo de residou que poida conter carga vírica. "Carballo somos todos, e todos temos que ser co-responsables coa parte que nos toca. Se o servizo de limpeza funciona con eficiencia tamén é porque a xente colabora. Esta iniciativa permítenos ver o comportamento que temos, pero se todos nos comportamos de maneira responsable e cívica estamos tamén preservando a saúde de todas e todos”, apuntou o rexedor.

Comentarios