mércores. 30.04.2025
El tiempo

O servizo de reciclaxe de aceite de Carballo conta con 36 puntos de recollida

Colector de aceite de cocina usado en carballo
Colector de aceite de cocina usado en Carballo
O servizo de reciclaxe de aceite de Carballo conta con 36 puntos de recollida

Repasa o Concello de Carballo as cifras de recollida de aceite de cociña usado. Un servizo que leva en funcionamento dende agosto do 2018, e que conta cunha media mensual de 1.000 quilos.

O ano pasado, segundo os datos que vén de facilitar o xestor autorizado que presta o servizo, a veciñanza do noso concello depositou nos colectores específicos un total de 14.398 quilos de aceite (1.838 máis que no 2023), o que permitiu evitar a contaminación de 15.800.000 litros de auga.
Ademais, unha vez transformado en biocarburante, o residuo recollido xerou un aforro de emisións de CO2 de 43,19 toneladas.

En xeral, o depósito de aceite foran diminuíndo dende que comezaron a subir os prezos, no ano 2021. De feito, no ano 2023 recolléranse no noso concello 1.810 quilos menos que no ano 2022, pero no 2024 rachouse con esa tendencia e volveuse incrementar o uso dos colectores específicos.

36 puntos de recollida

Nestes momentos hai 36 puntos de recollida en distintos barrios urbanos e en varias parroquias. Os contedores máis utilizados para o depósito de aceite son os situados nas inmediacións dos supermercados e do mercado municipal, pero cada vez teñen máis uso tamén os situados na parroquias.

Unha das vantaxes do sistema de recollida é que os colectores están situados na vía pública, o que permite que poidan ser utilizados os 365 días do ano e as 24 horas do día.

Como reciclar

A recollida nos novos colectores vai dirixida aos fogares, xa que para grandes produtores hai un servizo específico. As familias deben depositar o aceite de cociña usado en botellas de plástico reutilizadas e pechadas. Para facilitar o depósito nas botellas, desde o Concello de Carballo ofrecemos á veciñanza funís adaptables que poden solicitarse, de balde e ata fin de existencias, na casa do concello (departamento de Medio Ambiente). 

Comentarios