venres. 08.11.2024
El tiempo

O surf converte a Razo en destino de referencia máis alá da época estival

Artsurfcamp en Razo
Os campamentos de Artsurfcamp axudan a desestacionalizar as visitas a Razo
O surf converte a Razo en destino de referencia máis alá da época estival

Presentaron onte o esponsable de Protección Civil, Javier Souto; o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o balance de Praias desta temporada. E a meirande conclusión fai referencia “á importancia do litoral carballés como un destino de referencia máis alá da época estival”. O complexo “Razo-Baldaio xa non é un espazo de verán, é un espazo de lecer para todo o ano, e nesa liña temos que traballar”, sinalaron.

Balance de Praias en Carballo

E iso que este verán, a pesar do mal tempo, houbo máis xente que nunca nos areais, tendo en conta que apenas tivemos un mes, o de agosto, de tempo de verán propiamente dito. Pero a realidade éq que as iniciarivas privadas están cambiando o uso do areal. Razo “xa é un punto de encontro para o surf, para o ocio e tamén para desfrutar cos amigos e coa familia”, sinalpou o alcalde, facendo referencia aos fantásticos campamentos que enchen durante todo o ano o areal de pequenos aprendices de surfistas como ArtSurfCamp ou RazSurfCamp, dúas referencias xa asentadas a nivel estatal.

Por iso o Concello ten que ampliar a rede de abastecemento de auga na zona, para encher de duchas os dous areais (Baldaio terá novas o ano que vén).

Intervencións e programas

Repasaron tamén as cifras de eventualidades durante os 3 meses de servizo da Unidade de Salvamento Acuático, : 366 atencións de botiquín e 9 salvamentos realizads.

Non puideron evitar destacar o programa “eu quero Razo-Baldaio” en colaboración coas agrupacións ecoloxistas Senda Nova, Hábitat e Adega, con moi boa acollida. E apuntaron que nos próximos meses vaise afrontar a renovación de 1.200 metros de pasarela de madeira, cun investimento de 175.000 euros.

Comentarios