Suso de Toro descobre a Ana Pontón

07:41 23/11/23
Este venres 24 de novembro, ás 19:30h a Biblitoeca Rego da Balsa de Carballo acolle a presentación do libro de Suso de Toro, Descubrindo a Ana Pontón. O emblemático escritor galego estará acompañado da propia voceira nacional do BNG na cita.
Suso recolle a vida de Pontón dende a súa infancia até a actualidade, desvelando a sua personalidade e o seu traballo diario. Trátase do retrato en movemento dunha persoa e dunha personaxe que resultan unha novidade para o noso país.