Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Traballadores da UTE Carballo Urbaser denuncian a sanción a un traballador por reclamar a regularización dos soldos ao SMI

Traballadores de Urbaser en Carballo coa CIG 2
Traballadores da UTE Carballo Urbaser denuncian a sanción a un traballador por reclamar a regularización dos soldos ao SMI

Traballadores da UTE Carballo - Urbaser SA e Servicios Gallegos de Lacería SL realizaban unha concentración este mediodía de xoves diante das oficinas, na rúa Desiderio Varela, en Carballo, en rexeitamento á "sanción inxusta e  desproporcionada" imposta ao delegado de persoal e para reclamar a retirada inmediata deste "castigo completamente inmerecido".

A UTE Carballo Urbaser (que presta o servizo de recollida de lixo e residuos sólidos de Carballo) sancionou o delegado de persoal da CIG cunha suspensión de 21 días de emprego e soldo, xusto despois de facer unha reclamación para que a empresa cumprira coa lei e procedera a regularizar os salarios dos traballadores e traballadoras con respecto ao SMI, "xa que a día de hoxe a maioría do cadro de persoal segue percibindo retribucións por debaixo do salario mínimo interprofesional", sinalan dende o sindicato.

O responsable da Unión Local da CIG de Carballo, Martín Caamaño, tamén critica o proceder de Urbaser á hora de afrontar a negociación colectiva, xa que a sanción se produce no marco da negociación do convenio colectivo, sendo o delegado parte da mesa de negociación, polo que para a CIG "estamos ante unha clara actuación represiva contra o representante legal dos traballadores/as".

A empresa -unha UTE conformada polas compañías Urbaser SA e Servicios Gallegos de Lacería SL-  ten a concesión da recollida do lixo, a xestión da canceira e o punto limpo, e conta con arredor de 20 traballadores e traballadoras

Comentarios