Un obreiro foi atropelado en Carballo cando instalaba unha estada
13:00 06/05/15
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a un operario que foi atropelado por un camión cando colocaba unha estada na Rúa Xestas, en Carballo. Por razóns que aínda se investigan, o vehículo, que estaba parado nunha vía en pendente, moveuse e levou por diante ao traballador ferido.
Ás 10:30 horas de hoxe, varios particulares alertaron ao persoal do CAE 112 Galicia, que solicitou a intervención de Urxencias Médicas, Policía Local e Servizo Municipal de Protección Civil.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanaocsta.com).