A Valedora do Pobo recoñece o dereito da Alternativa a formar parte da Mesa de Negociación
”A candidatuta "A Alternativa" conta con todos os requisitos recollidos nos artigos 6 e 7 da Lei Orgánica 77/7985, do 2 de ogosto, de Liberdade Sindicol e no artigo 36 do Reol Decreto Lexislativo 5/2075, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Lei do Estotuto Bósico do Empregado Público para formar parte da Mesa Xeral de Negociación do concello de Carballo.
Así conclúe a Valedora do Pobo trala queixa formulada o pasado mes de marzo pola agrupación de funcionarios/as A Alternativa, recoñecendo o seu dereito formar parte da Mesa Xeral de Negociación. Deste xeito, tras case 3 anos sen poder facelo (a pesar de obter o 30% do apoio nas eleccións sindicais do persoal funcionario no verán de 2019), o seu representante Vítor Recarei debería poder participar na Mesa dacordo con esta resolución.
A Agrupación denuncia o que considera unha “vulneración dos dereitos sindicais” por parte do Concello carballés, dos “dereitos ao debate e a participación nas determinacións das condicións de traballo”. Ademais, considera que “as negociacións en materia de relacións laborais se desenvolven sempre de forma escura, falta de transparencia e participación, nunha mesa a dúas partes na que só se dá cabida aos representantes do goberno local e á representación sindical maioritaria”.