Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Vieiro alerta do posible uso de burundanga na noite carballesa

Vieiro oficina Alfredo Branas
Vieiro ten a súa se temporal na rúa Alfredo Brañas, s/n (antigua escuela de Pacita) de Carballo
Vieiro alerta do posible uso de burundanga na noite carballesa

Grave alerta a que lanza a Asociación Vieiro esta semana. A entidade, que traballa na prevención de condutas adictivas, quere abordar un asunto tan preocupante como posible uso das drogas de submisión química nos locais de lecer de Carballo.

Vieiro alerta tras ter coñecemento de varios casos, ademais de dar conta á Garda Civil para que investigue, considera necesario informar a toda a veciñanza para que coñeza o procedecento ante posibles agresores e estea prevido.

”O modus operandi prodúcese durante os momentos de diversión aproveitando a ocasión do despiste para botar nalgunha bebida escopolamina, principio activo da burundanga, droga que leva a anular a vontade de quen a consome e a ausencia de recordos trala intoxicación causando síntomas como soño, submisión, hipertensión”, explica o vicepresidente da entidade Xosé María Arán.

Arán invita a toda a mocidade a protexerse entre ela, vixiando que ningún dos integrantes presente síntomas; así como pide ás familoas que manteñan a súa “ labor preventiva e a súa responsabilidade, alicerce fundamental, no desenvolvemento evolutivo e psicolóxico dos fillos/as”.

En calquera caso, Vieiro quere deixar claro que “en ningún momento queremos facer responsables aos locais de hostelería desta situación, todo o contrario, tan só queremos solicitar a súa colaboración para que dentro dos seus locais poidan estar atentos/as a calquera situación que poida supoñer un risco para calquera cliente/a colaborando coa consiguiente denuncia ante as forzas e corpos de seguridade para poder así seguir fomentando un lecer de calidade”.

Comentarios