Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha vivenda de Goiáns, no medio da operación Fireball-Kazino contra o tráfico de heroína

Unha vivenda de Goiáns, no medio da operación Fireball-Kazino contra o tráfico de heroína

11 persoas foron detidas esta fin de semana no marco da operación conxunta da Garda Civil e Policía Nacional denominada “Fireball-Kazino”. Unha operación contra o tráfico de heroína que partía que vén de incautar 20 quilos de heroína, 40.000 euros en efectivo, 11 vehículos, 1 escopeta e 1 arma simulada, tralos rexistros realizados en Carballo, na Illa de Aroua, Vigo e Madrid.

A operación policial arrincaba o pasado mes mes de xaneiro de 2019 en Goiáns, Carballo, onde a Garda Civil comezaba a controlar un domicilio onde residía unha parella, ambos con numerosos antecedentes por tráfico de drogas. O repunte deste estupefaciente na zona alertou ás forzas da orde.

Unha das visitas ao domicilio foi a dun individuo asentado na Illa de Arousa, que non realizaba ningún tipo de actividade remunerada, e facía uso de diversos turismos de gama alta. Este relacionábase con distintas persoas estrechamente vinculadas ao narcotráfico. Do mesmo xeito púidose detectar a estreita vinculación con outro individuo igualmente con antecedentes por tráfico de drogas, que efectuaba numerosos desprazamentos a Madrid.

Entrou en acción o Centro de Intelixencia contra o Terrorismo e o Crime Organizado (CITCO) para traballar de xeito coordinado, para desarticular unha organización que contaba cun líder, de orixe albanés, era o encargado de establecer os contactos cos distintos compradores na Comunidade galega, así como de levar a cabo as correspondentes negociacións.

Operando en vehículos modificados

Segundo a Garda Civil, “a organización criminal mantiña un elevado nivel de sofisticación e rigorosas medidas de seguridade nas súas reunións, desprazamentos e comunicacións entre eles. Contaban cun taller clandestino situado no polígono madrileño de Humanes onde os vehículos usados para a comisión dos delitos pasaban varios meses no interior desta nave onde eran transformados instalado na súa carrocería e interior dos mesmo sofisticados habitáculos de gran tamaño, recubiertos de plomo e imposibles de detectar, ante un eventual control policial onde esconder a droga”.
”Cando estes vehículos estaban preparados para realizar o transporte, eran rematriculados con placas de Rumanía e entregados ás persoas que se encargaban de efectuar longos desprazamentos a bordo dos mesmos ata diversos países de Europa, principalmente os Países Baixos onde eran cargados e regresaban nuevamente a España”.

Heroína enterrada

En Galicia ocultaban as partidas de heroína proveniente de Madrid, en zonas boscosas de difícil acceso, enterradas en diversos puntos para dificultar así o seu achado. Antes de proceder a unha entrega de heroína a algún dos seus compradores habituais os membros desta banda acudían ás citadas zonas boscosas, tomando exhaustivas medidas de seguridade, para desenterrar aquela cantidade que lles solicitaron. Sempre emprendían a marcha con dous vehículos facendo un deles de lanzadera para detectar posibles controis policiais.

A detención

Este pasado xaneiro foi detectado un dos vehículos modificados procedentes de Holanda, e foi interceptado en Vigo, con 10,5 kg de heroína ben agochados. A raíz deste feito foron realizadas 11 detencións e 4 registros en domicilios, así como do taller clandestino situado en Madrid, non descartando novas detencións.

No rexistro efectuado na vivenda unifamiliar de Carballo acháronse numerosas doses de heroína e cocaína listas para a súa venda, 35.000 euros, unha escopeta de repetición municionada e co canón recortado e un arma curta simulada.
Na leira exterior da casa, os cans detectores de drogas de ambos Corpos localizaron un lugar concreto no que podería haberse escondido droga. Tras excavar e el os axentes localizaron a unha profundidade de 1,50 metros unha bolsa de gran tamaño que contiña no seu interior perfectamente impermeabilizados máis de 9,5 kilogramos de heroína empaquetados da mesma xeito que os incautados días antes no interior do vehículo en Vigo.
Aos efectos intervindos/intervidos súmanselle 62 gramos de heroína e 93 gramos de cocaína preparadas para a venda inmediata a consumidores.

A operación foi coordinado polo Xulgado de Instrución nº 1 de Villagarcía, e foi desenvolvida por axentes do Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga da Comandancia da Garda Civil da Coruña, e do Grupo XXIII da Brigada Central de Estupefacientes da Policía Nacional.

Comentarios