Volve o Curruncho Pop traer boa música á Biblioteca Rego da Balsa
Volve á Biblioteca Rego da Balsa o Curruncho Pop, un ciclo de concertos que acada a súa sétima edición consolidado como unha referencia cultural novedosa e orixinal con propostas de pequeno formato.
Sábado 25 de febreiro
19:30h Presentación do libro ‘Nuevo Rock Americano, años 80: Luces y sombras de un espejismo’ de Carlos Rego.
20:30h. Concerto de Sid Griffin
Sid Griffin é un músico norteamericano que liderou a bandas imprescindibles coma The Long Ryders ou The Coal Porters e que atesoura unha longa traxectoria desde a década dos oitenta, incluíndo traballos tamén en solitario.
Sábado 25 de marzo
19:30h Presentación do libro ‘Al compás del Voodoo (religión, represión y música)’ de Héctor Martínez
20:30h Concerto de Voodoo Childs
Voodoo Childs é unha banda creada para a ocasión con músicos como María Santiago (Maraya Zydeco) ou Xulián Freire para interpretar cancións recollidas no libro e falar co seu autor, Héctor Martínez sobre as lendas, mitos e supersticións que rodean estas composicións que xurdiron da mestura da tradición musical europea e as influencias da música caribeña.
Sábado 6 de maio
19:30h Presentación do libro ‘God Save the Queens: Pioneras del punk’ de Cristina Garrigosa, Paula Guerra e Nuria Triana
20:30h Concerto de Mila & the Stoofas
Mila & the Stoofas é unha banda punk leonesa formada por catro músicas que descargarán sobre o escenario do Curruncho Pop toda a enerxía das pioneiras do punk.
Sábado 3 de xuño
19:30h Presentación do libro ‘Concierto para George’ de Nacho Para.
20:30h Concerto para George
Intérpretes como Javier Polo, Carolina Rubirosa e Andrés Rey tocarán cancións de George Harrison arredor do libro de Nacho Para.