Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Volve a Feira Bercamel a Carballo

BERCAMEL 2022 - Carballo
BERCAMEL 2022 - Carballo
Volve a Feira Bercamel a Carballo

Aprimeira feira do mes de setembro terá un atractivo engadido, porque xunto aos mellores produtos da horta bergantiñá, na Praza do Concello teremos un espazo específico dedicado ao mel. A Asociación Galega de Apicultura (AGA), a través da súa delegación na nosa comarca, organiza a segunda edición da Feira Bercamel para seguir afondando en cuestións de interese para as persoas que se dedican á produción pero tamén de difundir as excelencias do mel entre toda a poboación. O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Feiras e Mercados, colabora coa iniciativa.                                                                                         

A feira do mel estará aberta de 09.00 a 14.00 horas na Praza do Concello, onde convivirá coa feira tradicional e tamén coa Feira de Oportunidades que organiza a Concellaría de Promoción Económica coa colaboración da Deputación da Coruña e o Centro Comercial Aberto. 

BERCAMEL 2022 - Carballo 1

Programa

No espazo Bercamel haberá distintos contidos: charlas informativas de especial interese para os/as produtores/as, demostracións e degustacións. O programa complétase cun sorteo de dúas cestas con produtos da feira entre todas as persoas que realicen algunha compra. 

  • 11.00 horas. Información sobre o número de raíñas de avespa velutina capturadas durante a campaña de trampeo 
  • 12.00 horas. “Etiquetado do mel”, a cargo dun veterinario de AGA 
  • 13.00 horas. Demostración da elaboración das láminas de cera para as colmeas 
  • 13.30 horas. Degustación de meles cinco estrelas 
  • 13.50 horas. Sorteo de dúas cestas de produtos apícolas. As rifas entregaranse con cada compra 
     

Comentarios