Venres. 26.04.2024
El tiempo

A webserie Premios Darwin gravará en Carballo as mortes máis absurdas do país

Tarablea Creativa graba na Costa da Morte a serie Premio Darwin do Interplay
A webserie Premios Darwin gravará en Carballo as mortes máis absurdas do país

A fin de semana do 31 de maio e o 1 e 2 de xuño, o concello de Carballo acollerá a rodaxe da Serie Web 'Premios Darwin', de Tarabela Creativa. A werbserie, que saíu recoñecida no último Carballo Interplay, recolle as mortes máis absurdas que teñen acontecido en Galicia. A súa autora, Carmen Conde, ten recollidas 13 historias absolutamente excéntricas que conformarán o guión dun espectáculo, que xa botou dous anos en xira polos teatros, e que agora pasa ao mundo audiovisual.

Agora, entre cantidade de anécdotas recopiladas e aportadas incluso a posteriori polos espectadores foi tal, que ten “excendente de mortes” para trasladar á rede. Este foi o motivo de que escollese as máis rechamantes e, baixo o selo que comparte co produtor executivo Diego Gallego, Tarabela Creativa, desen o salto.

Agora comeza a rodaxe co patrocinio do Concello de Carballo, impulsor do festival de contidos dixitiais máis importante do estado, así coma de moitos outros que o fan ser estandarte da cultura en Galicia; e tamén a través dunha gala celebrada en Compostela na que se reuniron algúns dos narradores orais máis importantes do país para recaudar fondos a favor da causa.

Finalmente o proxecto poderá levarse a cabo baixo a dirección de Guillermo Arias-Carbajal Alonso e a produción de Tatiana Garcia, xunto con equipo técnico principalmente feminino e chegado de toda Galicia.

O elenco aínda non está desvelado, mais parece ser que en cada capítulo teremos a oportunidade de ver a algún dos actores e actrices máis emblemáticos da escea galega.

Novas relacionadas

Comentarios