xoves. 01.05.2025
El tiempo

Xa arrecende a lume polo San Xoán carballés

Xa arrecende a lume polo San Xoán carballés

Aínda quedan 9 meses, pero a Asociación Cultural San Xoán xa está en marcha para celebrar a gran festa do ano en Carballo. A entidade preséntanos o vídeo desta pasada edición, tráenos varios datos e xa anima á xente a participar na preparación das festas do 2015.

Co obxectivo de recoller todas as opinións e de crear un equipo de traballo o máis amplo e variado posible, a presidenta da entidade, María José Souto Cristóbal, fixo onte unha chamada á participación e á integración de todas as persoas interesadas en achegar o seu grao de area. O punto de información é o Pazo da Cultura.

Sen máis, deixámosvos co simpático vídeo deste ano:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios