Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Xa hai finalistas do Certame Metro Cadrado do FIOT

A obra O que é o raio nin maldita idea de Souvenir
A obra O que é o raio, nin maldita idea, de Souvenir,
Xa hai finalistas do Certame Metro Cadrado do FIOT

A 7ª edición do Certame Metro Cadrado do FIOT xa ten finalistas. O pioneiro certame, trátase do primeiro certame de microteatro que se realizou en territorio galego e pioneiro á hora de visualizar e apoiar a creación escénica de novos formatos e de compañías ou creadoras emerxentes, exporá 6 creacións experimentais das 28 presentadas, e das cales cinco serán estreas absolutas.

Canta nai, canta, de Cía IO; Ninguén tira fotos nos enterros, de Carlota Mosquera Rodríguez; DestilaPracer, de Espazo Vacío; O que é o raio, nin maldita idea, de Souvenir; Anaké?! Edipo en 15 minutos, de Contraditoria Compañía; e O mundo derrúbase e nós tomamos chocolate, de Mar Fiuza, son as pezas seleccionadas.

As pezas finalistas, que se representarán en espazos non teatrais e singulares da localidade bergantiñá nos sábados de outubro durante a celebración da 32º edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, recibirán unha compensación económica e, ademais, optarán aos galardóns de Mellor Espectáculo e Mellor Interpretación, recoñecementos que outorgará o público fioteiro

Neste certame, o FIOT convida ás compañías ou artistas emerxentes a crear ou deseñar un espectáculo (de teatro físico, música, clown, performance, danza, manipulación de obxectos...) de entre 10 e 20 minutos, que se poida poñer en escena, especificamente, nun espazo non teatral.

Ao longo destas sete edicións, o Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado acadou un importante éxito en canto ás propostas recibidas, tanto polo seu número (244) como pola calidade e diversidade das pezas; sendo quen de suscitar o interese tanto de creadores individuais coma de equipos (integrados por 3-5 persoas), da veciñanza ou mesmo dos axentes económicos, comerciais ou cidadáns de Carballo que colaboraron coa cesión de espazos.

Espazo Vacío
Espazo Vacío

Comentarios