Sábado. 16.01.2021
El tiempo

Xa podes pedir un dos 150 composteiros de Carballo

Xa podes pedir un dos 150 composteiros de Carballo

Se vives nunha vivenda illada de Carballo, e queres ter un composteiro para reducir a cantidade de lixo orgánico que xeneras e ademais facer un compost estupendo para a túa hora, xa podes pedir o teu Composteiro.

O Concello pon 150 á disposición da veciñanza, que se suman aos 392 que se atopan xa a pleno rendemento nas distintas parroquias.

As persoas interesadas só teñen que descargar o impreso, cubrilo, e presentalo no Rexistro Municipal (con cita previa no 981 704 100) ou no Rexistro Telemático, ao que se accede dende a páxina web www.carballo.gal.

comentarios