A ximnasia Rítmica carballesa faise oco na élite galega

Non todo é fútbol, volei, basket ou hoquei en Carballo. O mundo da ximnasia rítima vai gañando espazo dende a creación, hai apenas 2 anos, do Club Rítmica Carballo. Un club creado por varias familias que querían que as súas nenas non tivesen que ir á Coruña para seguir competindo, e que a día de hoxe conta xa con 130 nenas, ademais doutras 30 nas extraescolares de varios centros escolares carballeses traballando caso ANPAS, e 4 adestradoras.
Ademais da importancia de ofrecer este espazo deportivo e evitar que as rapazas deixen o deporte por falta de oportunidade, os resultados están a ser moi positivos. Tras un duro ano de adestramentos no pavillón do CEIP Gándara Sofán e no Ximnasio do IES Parga Pondal, o club vén de conseguir meter a todos os seus grupos nas finais autonómicas, e demais conseguiron unha medalla de ouro e dúas de prata.

Na competición Escolar, celebrada en mai en Ferrol, meteron na final galega ao Conxunto Infantil (formado por Clauda, Noa fraga, Noa Moledo, Lucía, Candela e Sofía) acadando o 7º posto, de 22 equipos, as segundas da provincia. Ademais, as benxamíns quedaron subcampionas galegas (Laia, María, Alba, Aitana e Ainara).
Un chanzo máis arriba atópanse as que compiten xa en Categoría Promoción, que o pasado sábado celebraba a súa final galega en Ourense. Xa non é doado conseguir meter todos os seus grupos na finalísima, pero é que ademais conseguiron unha tremenda medalla de prata, a de Sara de Jesús de cadete Promoción, flamante subcampiona galega.

Xunto a ela participaron as 2 xuvenís xa de 16 anos, Catalina e Irene; a Infantil Alba Becerra; as alevíns Carolina Añón e Ada Quintela. A mellor nova, foi a que protagonizou o equipo de Alevín Promoción (Leire, Vera, Jimena, Mara e Claudia) que se alzaron co título de campionas galegas.

O club, que xa sabe o que é organizar un evento con máis de 20 clubs e 400 ximnastas, afronta a recta final da temporada con 5 conxuntos e 4 individual clasificados para o Torneo InterEscolas, que se celebra o 21 de xuño no pavillón de Oira, Ourense.
