As Xornadas Micolóxicas de Lumieira engaden ao seu programa un obradoiro infantil

Tomás Rodríguez nas Xornadas de Lumieira de 2023

Inmersos xa en pleno outono, a pesar deste eterno tempo estival, chegan as citas cos cogumelos. Por Carballo, a A.C. Lumieira anuncia xa as XVI Xornadas Micolóxicas, que terán lugar nas fins de semana do 18 e 25 de outubro.

Unahs xornadas que incorporan algunha novidade respecto a anos anteriores como é a realización dun obradoiro para nenos o domingo 26, día no que se exporá na feira unha mostra do recollido. 

Ademais haberá saídas, charlas, e  sesións de catalogación dos cogumelos recollidos, con especialistas como Manuel Pose, Chemi Costa e Tomás Rod.

O prazo de inscrición iníciase o mércores 8 de outubro, e poderá facerse enviando un correo a xoansande@gmail.com, carolinapacoret@edu.xunta.gal ou a.c.lumieira@gmail.com.