martes. 07.10.2025
El tiempo

As Xornadas Micolóxicas de Lumieira engaden ao seu programa un obradoiro infantil

Tomas Rodriguez impartindo unha xornada micoloxica en Carballo
Tomás Rodríguez nas Xornadas de Lumieira de 2023
As Xornadas Micolóxicas de Lumieira engaden ao seu programa un obradoiro infantil

Inmersos xa en pleno outono, a pesar deste eterno tempo estival, chegan as citas cos cogumelos. Por Carballo, a A.C. Lumieira anuncia xa as XVI Xornadas Micolóxicas, que terán lugar nas fins de semana do 18 e 25 de outubro.

Unahs xornadas que incorporan algunha novidade respecto a anos anteriores como é a realización dun obradoiro para nenos o domingo 26, día no que se exporá na feira unha mostra do recollido. 

Ademais haberá saídas, charlas, e  sesións de catalogación dos cogumelos recollidos, con especialistas como Manuel Pose, Chemi Costa e Tomás Rod.

O prazo de inscrición iníciase o mércores 8 de outubro, e poderá facerse enviando un correo a xoansande@gmail.com, carolinapacoret@edu.xunta.gal ou a.c.lumieira@gmail.com.

XVI Xornadas Micolóxicas Lumieira -Carballo 2025 copia

Comentarios