Luns. 04.11.2024
El tiempo

As Xornadas Micolóxicas venceron a Domingos con 150 especies e gran asistencia

Xornadas Micoloxicas Cee 2023-Foto Rafa Quintans
Visita guiada con José María Costa Lago-Foto Rafa Quintáns
As Xornadas Micolóxicas venceron a Domingos con 150 especies e gran asistencia

A pesar da #BorrascaDomingos desenvolvéronse con normaldade, e con éxito, as XXII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, que este ano combinan coa LXI Semana Galega da Micoloxícas.

A Asociación Micolóxica Naturista Pan de Raposo quedou máis que satisfeita coa asistencia a todas as actividades programadas para esta fin de semana. Foron quen de xuntar máis de 150 especies de cogumelos, a pesar de que tanta chuvia é moi mala para a micoloxía, pois desfainos. “Dámonos cun canto nos dentes”, explica José Manuel Castro Marcote, malia non chegar ás 200 especies que adoitan alcanzar para a exposición. “Tal e como estaba o monte, crin que non chegábamos a 100”, sinala.

Precisamente, as visitas guiadas das 12:00h á exposición preparada na entrada da Casa da Cultura de Cee son as accións máis seguidas. Ducias de persoas disfrutaron das explicacións de Marcote sobre as 150 especies e tamén sobre traballos escolares que amenizan a exposición.

Xornadas Micoloxicas Cee 2023-Foto Rafa Quintans Escolares
Traballos escolares-Foto Rafa Quintáns
Xornadas Micoloxicas Cee 2023-Foto Rafa Quintans escolares 2
Máis traballos escolares-Foto Rafa Quintáns

Pero este ano tamén houbo moita xente nas charlas da tarde. Á do sábado, que sempre conta con moita xente de toda Galicia, foi da man de José María Costa Lago que falou dos “Cogomelos do ques do Banquete de Conxo”. Máis técnica foi a do domingo, con José Manuel Castro Marcote falando dos “Tricolomas”. Unhas 30 persoas enchían a sala de conferencias do terceiro andar. “Hai que dar algo de caña, para comer xa veñen outros”, bromea, facendo referencia á boa resposta que houbo tamén ás sesións de pinchos nos e establecimentos implicados: Hostal La Marina, Mesón As Viñas e O Rincón de May. “Curraron bastante nos pinchos, estaban moi ricos, e había cantidade de xente”, sinala Marcote satisfeito.

Jose Manuel Castro Marcote nas Xornadas Micoloxicas Cee 2023-Foto Rafa Quintans
Jose Manuel Castro Marcote-Foto Rafa Quintáns

”Da praia á neve”

Agora, pensando nas seguintes actividades, espera que a chuvia pare pronto. “A ver se nos deixa o tempo”, en relación á actividade do sábado 11, “ten que parar de chover un par de días antes para que salgan”, cruza os dedos, mentres lamenta que apenas teñamos un mes de outono. “Estivemos na praia ata outubro, e de repente xa nos poñemos en ni crú inverno”, explica.

A cousa é que o sábado 11, co gallo da XLI Semana Micolóxica Galega en colaboración ca Federación Galega de Micoloxía, o Concello de Cee , a Fundación Fernando Blanco de Lema e o IES Fernando Blanco. Trátase dun completo Bioblitz, un evento que se centra en atopar e identificar tantas especies como sexa posible nunha zona concreta durante un curto período de tempo, con saída pola zona de Cambeda, comida en Cee, e visita.
Podedes apuntarvos a partir do luns escribindo, como sempre, a [email protected].

Bioblitz pola Costa da Morte

OUTRAS CITAS MICOLÓXICAS

NOVAS RELACIONADAS

HISTÓRICO SOBRE AS XORNADAS MICOLÓXICAS DE CEE

Comentarios