Martes. 19.03.2024
El tiempo

193 inscritos para este curso na Escola de Música de Carnota

Alumnado do ESmu de Carnota coa directora Alianza Uhia
Alumnado do ESMU de Carnota coa directora Alianza Uhia na época prepandémica
193 inscritos para este curso na Escola de Música de Carnota

Volve bater todas as súas propias marcas a dinámica Esmu de Carnota. Este curso serán 193 alumn@s os que participen nesta singular escola, que se afianza nun lugar pequeno e de poboación espallada. De feito, hai moita xente que vai dende Corcubión, Cee, Muros, Mazaricos ou Dumbría para aprender cos 5 comprometidos mestres:

  • Ramón Domínguez: Mestre de gaita, pandeireta, música tradicional, clarinete, acordeón, saxofón, frauta traveseira, frauta de pico e coral polifónica de adultos.
  • Carlos González: Mestre de batería, percusión, combos e Linguaxe Musical.
  • Castor Montes: Mestre de guitarra, baixo eléctrico, ukelele e guitarra eléctrica.
  • Ana Blaco: Mestre de Música e Movimento, Linguaxe Musical, canto, piano e Orquestra Orff.
  • Alianza Uhía: Mestre de piano, linguaxe musical e dirección.

As clases, que manteran os ratios anticovid (un máximo de 12 alumn@s por aula, xel, máscaras…) arrincan o 1 de outubro, con clases de de 15.30h a 22.00h, sempre coa ollada posta nalgún deses festivais de Nadal, de Entroido ou de Fin de Curso que tanto prestan ás familias. Esperan ademais poder retomar algún concerto didáctico, algunha master class ou algunha actuación musical externa, pero esas cousas xa as irán contando.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios