Mércores. 20.03.2019
El tiempo

A Costa da Morte celebra o nacemento de Rosalía de Castro

A Costa da Morte celebra o nacemento de Rosalía de Castro
Alumnado e profesorado do CEIP Os Muíños participaron no recital poético de Rosalía de Castro Alumnado e profesorado do CEIP Os Muíños participaron no recital poético de Rosalía de Castro Diversos actos espallados por toda a Costa da Morte lembraron onte a Rosalía de Castro, precisamente no día no que se cumpriron 179 anos do seu nacemento. C.E.I.P Os Muíños O alumnado e o profesorado do C.E.I.P. Os Muíños, de Muxía, aproveitaron a pausa do recreo para xuntarse na biblioteca do centro. Aquí celebraron un recital poético no que cadaquen leu o seu poema favorito escrito por Rosalía de Castro. Desta forma, os participantes manteñen viva a figura da poeta galega por excelencia. Carnota O concello de Carnota celebrou o día de Rosalía cun recital poético e cun obradoiro de chapas O concello de Carnota celebrou o día de Rosalía cun recital poético e cun obradoiro de chapas O concello de Carnota botou man dos centros de ensino do municipio para conmemorar o 179º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Así, ao longo da mañá de onte, o alumnado dos CEIP de Carnota e do Pindo achegouse á casa Consistorial para poñer voz a algúns dos máis emblemáticos poemas da autora de Padrón. Tras o recital, as rapazas e os rapaces participaron no obradoiro “Chapando a Rosalía”, onde confeccionaron vistosas chapas con imaxes e versos da autora. Vimianzo Os nenos e nenas de Vimianzo participaron no obradoiro "Coñece a Rosalía de Castro" Os nenos e nenas de Vimianzo participaron no obradoiro "Coñece a Rosalía de Castro" A biblioteca municipal de Vimianzo celebrou o aniversario de Rosalía de Castro entre os máis pequenos. A través do obradoiro "Coñece a Rosalía de Castro" os nenos e nenas  realizaron diverso material, coa autora como protagonista, que lles dou pé a profundizar sobre a vida e obra da ilustre escritora. Mazaricos O concello de Mazaricos buscou a relación entre Rosalía de Castro e os bolos do pote O concello de Mazaricos buscou a relación entre Rosalía de Castro e os bolos do pote O concello de Mazaricos aproveitou o tirón das súa páxina de Facebook para homenaxear a Rosalía de Castro. E para tal ocasión, buscou a relación existente entre a escritora e o municipio que pasa por un dos seus productos estrella: os bolos do pote e que lle rendiran tributo proximamente. Nese post fálase sobre o tratamento que esta especialidade culinaria da cociña tradicional tivo na obra de Rosalía. Segundo indican aquí, a autora fala nos seus de moitos os pratos típicos da súa época. Os bolos do pote son citados en dúas ocasións: unha en “Cantares Gallegos” e outra en “Folla Novas”. No poema introdutorio de “Cantares Gallegos”, unha voz feminina pídelle á meniña gaiteira que cante a Galicia para defendela das inxurias de que é vítima, e que o faga na lingua que fala, o galego. Para convencela ofrécelle una longa serie de agasallos: papiñas con leite, sopiñas con viño, torrexas con mel, un mantelo, un refaixo,… Entre estes presentes están tamén os bolos do pote: “Canta meniña,/ na beira da fonte;/ canta, dareiche/ boliños do pote;”. A meniña canta e o froito do seu cantar son o resto dos poemas do libro. Tamén en “Follas Novas” fai mención aos bolos do pote. No libro IV, Da Terra, temos o poema introducido pola cantiga popular “miña casiña, meu lar”. Esta composición versa sobre unha pobre muller do pobo que vai de Santiago a Padrón, descalza, sen comer nin almorzar. Cando chega á casa tampouco ten nada con que matar a fame. Pídelle a un veciño unha pouca boroa, e este non lla dá. Cacheando de aquí e de acolá atopa una pouca fariña no fondo da artesa. Quere acender o lume, pero non ten leña. Volve pedila prestada e, outra vez, néganlla. Busca no cortello, atopa uns garabulliños e xa pode facer lume. Cun pouco de unto, que ben o soubo aforrar e cunhas verzas da súa horta pequena, como nos lembra a protagonista do poema: “fixen un caldo de groria/ que me soupo que ¡la mar!/ fixen un bolo do pote/ que era cousa de envidiar;”.   Cee Alumnado dos centros de ensino de Cee e políticos participaron nun recital poético sobre Rosalía de Castro Alumnado dos centros de ensino de Cee e políticos participaron nun recital poético sobre Rosalía de Castro A vila de Cee tamén se volcou na celebración do #díadeRosalía. Ás 12 da mañá celebrouse un acto, diante da casa consistorial, no que estiveron presentes o alcalde, a concelleira der Servizos Sociais, a concelleira de Cultura e Festexos e a concelleira de Deporte e Tempo Libre, así como representantes do alumnado do CEIP Eugenio López - que leron "Adiós ríos, adiós fontes" en galego e en búlgaro -, do CEIP Manuela Rial Mouzo, con "Has de cantar",  do IES Agra de Raíces, coa lectura de "Unha vez tiven un cravo" e do IES Fernando Blanco, con "Alborada". O acto clausurouse coa lectura do poema "As de Cée", dedicado ás nenas de Cee e que leva todo o mes de febreiro colgado da casa consistorial xunto a bandeira galega.   Os nenos e nenas da Escoliña de Cee sumáronse á celebración do #DíadeRosalía Os nenos e nenas da Escoliña de Cee sumáronse á celebración do #DíadeRosalía Na Escoliña de Cee tamén celebraron o aniversario de Rosalía de Castro cun intercambio de material. Por unha parte, membros do goberno municipal achegaronse ata o centro co fin de facer entrega dunha serie de contos en galego que se encargou de lelos a directora da gardería. A cambio, os máis pequenos regalaronlle dous marcapáxinas coa faciana da escritora feitos por eles mesmos. BNG de Carballo [fbvideo link="https://www.facebook.com/BNGdeCarballo/videos/995950083792012/" width="500" height="400" onlyvideo="1"] Os integrantes do BNG de Carballo homenaxearon a Rosalía de Castro dun xeito diferente. Fixéno a través das redes sociais, concretamente dende a súa páxina de Facebook, onde colgaron un vídeo no que cada un sae lendo o seu poema favorito escrito pola autora. Ademais destes, e doutros moitos, actos que tiveron lugar onte ao longo de toda a Costa da Morte, foron moitas as asociacións, fundacións e outros organismos públicos os que empregaron as súas redes sociais para sumarse á celebración do #DíadeRosalía.   Novas relacionadas Fonte
Comentarios