A Costa da Morte recupera, e perde, varias Bandeiras Azuis


Varias praias da Costa da Morte voltarán a lucir a Bandeira Azul este verán.
A Asociación de Educación Ambiental e do Comsumidor (ADEAC) vén de outorgar máis de 3.000 condecoracións de Bandeira Azul a praias de 40 estados dos 5 continentes
En Galicia, das 149 praias candidatas, 117 conseguiron a Bandeira. E só 7, ou 10 estirando a bisbarra, son da Costa da Morte. Seguímonos preguntando como concellos tan "playeros" como Muxía, Camariñas, Cabana, Ponteceso ou Malpica non teñen ningunha Bandeira.
Varios areais de Laxe, Cee, Dumbría, Carnota, Corcubión, Carballo e Laracha contarán este verán coa distinción de calidade, que implica coidados como accesibilidade, baños, seguridade... Coidados, ás veces, complicados de manter activos para os Concellos.
Praias con Bandeira Azul na Costa da Morte
- Estorde (Cee)
- Ézaro (Dumbría)
- Boca do Río (Carnota)
- Mar de Lira (Carnota)
- Quenxe (Corcubión)
- Praia de Laxe (Laxe)
- San Francisco (Muros)
- Saíñas (Carballo)
- Pedra do Sal (Carballo)
- Playa Caión (Laracha)
Comparativa co ano pasado
As cifras supoñen un aumento do número de areais con Bandeira Azul. Un dos concellos máis beneficiados é o de Carnota, que recupera dúas bandeiras. Muros consegue a de San Francisco. Pola súa banda, Ponteceso perde a de Valarés. e Fisterra a de Langosteira.
Estas son as praias que perden e gañan bandeira:
- Perden a Bandeira praias como Valarés (Ponteceso), Langosteira (Fisterra) e Razo (Carballo).
- Gañan nova bandeira a Praia da Boca do Río (Carnota), Mar de Lira (Carnota, que xa tivera no 2009) igual que a de Quenxe (Corcubión), e San Francisco (Muros).
Máis información
- ADEAC: Lista de playas con Bandeia Azul.
Novas relacionadas
- Tempo de ir ás crebas.
- 2010: A Costa perde dúas e gaña unha Bandeira Azul .
- 2009: Tan só 6 praias da Costa da Morte merecen o recoñecemento da Bandeira Azul.
- 2008: Dúas praias menos con Bandeira Azul na bisbarra, e quedan 5.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).