Álex Zülle e Serafín Zubiri, os primeiros grandes nomes dun Gran Fondo Ézaro que buscará chegar aos 1.500 ciclistas
Xa co prazo de inscrición aberto, esta mañá tiña lugar a presentación, no Hostal dos Reis Católicos, do Gran Fondo Ézaro - Costa da Morte 2017, que se celebrará o domingo 2 de xullo. Unha edición que buscará ver rodar a 1.500 ciclistas polas estradas da comarca, entre os que destacarán Álex Zülle e Serafín Zubiri. O campión de La Vuelta España nos 1996 e 1997 levará o dorsal nº1, mentres que o cantante e deportista invidente, lucirá o nº2.
Son algúns dos nomes máis coñecidos deste inmenso pelotón no que xa están confirmadas outras personalidades das dúas rodas como Joseba Beloki, Delio Fernández, Óscar Pereiro ou Gustavo César Veloso.
O número de participantes foi un dos temas máis tratados durante a presentación, pois se ben parece que 1.500 pode ser o topo máximo que pode albergar esta proba, o alcalde José Manuel Pequeño, indo sempre un paso máis, lanzou o órdago de chegar aos 2.000 en vindeiras edicións.
Gran espectación para a posta de longo deste Gran Fondo Ézaro 2017Ezequiel Mosquera, responsable de Eme Sports, empresa organizadora, foi o encargado de presentar este martes a proba nun acto celebrado en Santiago no que estivo acompañado por Javier Vázquez, director de Ferroatlántica, José Manuel Pequeno, alcalde de Dumbría, e Roberto Vilar, que exerce nesta ocasión como padrino da cita xunto con Xosé Touriñán e Federico Pérez, estrelas do audiovisual galego que se prestaron desinteresadamente a gravar o vídeo humorístico promocional.
Menudo terceto… Fede Pérez Rey, Xosé A. Touriñán e Ezequiel Mosquera facendo o parvo para a sempre simpática promoción do Gran Fondo:
A proba do Muro
Con dous percorridos, de 72 e 140 quilómetros, a ruta percorrerá os municipios de Dumbría, Mazaricos, Muros, Muxía, Cee e Carnota e subirá o “muro dos muros” cara ao Mirador do Ézaro, cun desnivel do 30%, un desafío xa senlleiro no panorama ciclista internacional. “Moita xente o que busca é subir o Ézaro, máis que a distancia”, recoñeceu Ezequiel Mosquera de Eme Sports, recordando que o gran atractivo da proba, ademais das paisaxes polos que transita, é a”costa de cemento” do 30% de desnivel que sobe ao Ézaro.
Este ano modificarase o trazado da ruta curta, co obxectivo de causar as menores molestias posibles ao tráfico e veciños da zona. Así, non se baixará o Ézaro, como en anteriores edicións e ambas rutas coincidirán en parte do seu percorrido.
Recoñecemento
Carlos Oliete foi recoñecido como Embaixador do GFA presentación oficial servíu tamén de homenaxe e recoñecemento como “Gran Embaixador do GF Ézaro” a Carlos Oliete, exdirector de Ferroatlántica, figura que sempre mostrou o seu apoio e compromiso coa proba.
Do mesmo xeito, o padrino desta edición, Roberto Vilar, resaltou as bondades dunha iniciativa que promociona tanto o deporte como os atractivos da Costa dá Morte e que supón un “verdadeiro proxecto de país”.
Ezequiel Mosquera agradeceu, finalmente, o seu apoio aos patrocinadores públicos e privados (Rede Eléctrica Española, Ferroatlántica, Concello de Dumbría, Super Bock, Xunta de Galicia, Galicia Calidade, Gadis, Grupo Insua, Senra Sport, Anova, APTCM-Turismo Costa dá Morte), así como aos concellos participantes e ao Club Ciclista Dumbría.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2017: O Turismo dumbriés medrou un 500% nos últimos 5 anos.
- Maio 2016: Cando a cultura e o deporte se convirten en motor económico.
Máis novas
- GF 2017: Volve o Muro: Aberto o prazo de inscrición para o Gran Fondo 2017.
- Vuelta 2016: La Vuelta volveu subir o Formigón do Ézaro e deixar a súa pegada na Costa da Morte.
- Gran Fondo 2016: O Gran Fondo Ézaro-Costa da Morte reafírmase como referente nacional e como ideal reclamo turístico.
- Gran Fondo Ézaro 2015: Indurain e Chiapucci da man ata o Mirador do Ézaro.
- 2015: “O Mirador do Ézaro convírtese nun porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo”.
- Desafío 2014: A épica marcou un Desafío do Atlántico pasado por auga.
- Vuelta 2013: Volta a España con Final na Fin do Mundo.
- Desafío 2013: O tempo non foi Desafío abondo para o pelotón.
- Vuelta 2012: A Costa da Morte vibrou coa Vuelta.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).