mércores. 01.07.2026
El tiempo

O Tinglado consegue traer á comarca ao mítico titiriteiro “Kukas”

Marcelino de Santiago  KUKAS copia 2
O Tinglado consegue traer á comarca ao mítico titiriteiro “Kukas”

Por fin conseguiu traer a carnota Nando Lestón ao mítico titiriteiro Marcelino de Santiago Viqueira, “Kukas”. Desta volta chega coas súas pinturas e debuxos.

Poderemos degustalo no Tinglado de Carnota, do 4 de xullo ao 2 de agosto.

Historia viva da cultura galega cos seus Monicreques, a primeira compañía galega de teatro de monicreques contemporánea, dende que realizou a súa primeira exposición de pintura aos 13 anos, Kukas segue creando utilizando as mais diversas técnicas e formas de expresión artística que abranguen dende a pintura ou a fotografía, pasando polo deseño gráfico ou a iluminación de pergameo.

Comentarios