sábado. 06.06.2026
El tiempo

O alumnado do CEIP de Carnota celebrou o Día do Medio Ambiente coidando a praia e a píllara das dunas

Limpeza cativos de Carnota
O alumnado do CEIP de Carnota celebrou o Día do Medio Ambiente coidando a praia e a píllara das dunas

O alumnado do CEIP de Carnota celebrou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cunha saída á praia de Carnota centrada no coñecemento e coidado do litoral. Unha actividade enmarcada dentro do proxecto de centro O que nos rodea: Carnota, que procura achegar ao alumnado o coñecemento e a valorización do patrimonio natural, cultural e social do municipio, que procura que o plan de estudios se achegue máis ao que temos ao noso arredor.

A actividade permitiu ao alumnado achegarse aos hábitats da píllara das dunas, especie emblemática da costa carnotá que conta con medidas especiais de protección durante a época de cría. A saída serviu para complementar o traballo realizado previamente no centro arredor desta ave e da importancia de conservar os ecosistemas dunares.

Ademais, os nenos e nenas participaron nunha recollida de residuos na praia, contribuíndo de forma activa á mellora e conservación deste espazo natural. A iniciativa buscou promover valores de responsabilidade ambiental e de compromiso co contorno máis próximo.

A xornada completouse cun tempo de convivencia, merenda e xogos na praia, combinando aprendizaxe, participación e contacto directo coa natureza.

Limpeza praia e Carnota das crianzas

Nenos na praia

Comentarios