Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Aprobada o orzamento para a restauración da Capela da Igrexa do Pindo

Aprobada o orzamento para a restauración da Capela da Igrexa do Pindo

A Xunta vén de solicitar as obras de restauración da capela da sacristía da Igraxa de San Crimenzo de O Pindo. Unhas obras que teñen un importe de 184.375,79 € e que consistirán na restauración da antigua capela anexa á actual igrexa de San Crimenzo e que fai actualmente as funcións de sacristía. A capilla conta cun singular retablo pétreo, que será debidamente restaurado no marco desta axuda, así como o arranxo de toda a capela.

O compromiso fora adquirido polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela, nunha visita feita a Carnota hai uns meses, en resposta á petición do anterior Alcalde de Carnota, do PP, José Oreiro, e do seu equipo de goberno.

Máis adxudicacións

Xa está adxudicada tamén a obra de arranxo do Adro da Igrexa de San Mamede, que consistirá en nivelar as losas do mesmo para unha mellor mobilidade dos veciños no entorno da igrexa.

Naquela visita a Carnota, o conselleiro tamén se comprometera á construcción dun edificio de servicios múltiples no Viso, para uso da Escola de Música. Este proxecto está agora mesmo en execución por un presuposto global de 1 millón de €, que financia tamén a Consellería de Cultura.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios