“O berberecho non vén do súper”

Interesante e necesaria actividade a que desenvolveu a Confraría do Pindo no CEIP da vila dentro do proxecto “Un mar de mulleres”. As mariscadoras levaron ás crianzas ata a Berberecheira, uha zona que está en plena enseada de Carnota, no lado pindexo, para ensinarlles que o marisco non vén do super, senón senón que hai xente que o apaña para que nos podamos comelo.

Algúns nunca o viran, aseguran dende a confraría que seguro que repiten esta saída ilusionante e divertida.

Máis novas